Opinión

Estar á altura

De debate en debate, o fracaso de Rueda no encontro feito á súa medida da CRTVG influíu de xeito definitivo na súa negativa a asistir ao organizado por TVE. Se xa non contabamos con velo fóra dese estudio que semellaba estrearse para el, o nerviosismo palpable dos últimos días no PP de Galicia acabou de confirmalo. Se é ou non é unha boa decisión, está por ver.

Rueda non estivo á altura que se lle require a un presidenciable á Xunta, tampouco agora que toca comparecer na outra televisión de todas. Debaterán Ana Pontón e Gómez Besteiro, as dúas forzas da oposición que, de haber cambio o 18-F, están chamadas a entenderse. É evidente que a baza dos populares agochando unha vez máis a Rueda é un debate alporizado que decepcione o electorado indeciso. Claramente contan, poñendo todo na aposta, con que Pontón e Besteiro non saiban estar á altura.

Comentarios