Opinión

Diferenzas

Entre os moitos datos que amosa a enquisa do CIS ás portas do inicio da campaña cara ao 18-F, chaman a atención as notables diferenzas no referido ás preocupacións da sociedade galega en función da súa idade ou xénero.

Por exemplo, que a mocidade sexa a máis (e case única) preocupada pola educación, ou a máis concienciada coa crise dos pellets (como sería incluíndo os maiores de 16?); ou que as mulleres nomeen máis a sanidade, con nada menos que cinco puntos de diferenza con respecto aos homes, que salientan as infraestruturas ou os "problemas políticos".

Esas diferenzas nas inquedanzas da cidadanía falan moito do presente de Galicia, mais tamén do futuro, e indican a necesidade de políticas con perspectiva de xénero e de cambio xeracional. Quen pretenda gobernar a longo prazo tomando os resultados como un todo homoxéneo cometerá unha gran torpeza.

Comentarios