Opinión

Copiar

Copiar converteuse por un intre nun argumento electoral para o PP de Galicia. Dende a súa conta de X –ultimamente reconvertida en servizo de verificación–, a directora da campaña acusaba o BNG de “COPIAR” a iniciativa dos populares de crear unha central galega de compras “que facilite a comercialización de produtos alimentarios as produtores”.

En resposta ao chío, o Bloque difundiu unha imaxe coa súa proposta de “compra verde” e salientaba a data para evidenciar que na formación nacionalista xa a lanzaran días antes. Parafraseando os Siniestro Total, aproveitaron para pedirlle calma ao partido de Rueda. Penso que poden e deben tela.

Que dous partidos nas antípodas ideolóxicas coincidan en medidas para mellorar a vida da cidadanía galega nunca debería ser unha mala noticia. Para tal fin, o único que importa, ogallá se copiaran máis.

Comentarios