Opinión

Coidado coa festa

Entre aborrecer os símiles futbolísticos e amar a Arsenio Iglesias, o amor polo de Arteixo tenme máis peso. Non son a única a quen lle roldan as palabras do máis entrañable adestrador do Dépor despois de ver a última (e derradeira) enquisa do CIS para as eleccións deste domingo. Dise de Arsenio que era un home cos pés na terra, un precavido, un sabio. Non chamaba á calma, porque non sempre a tiña, pero trataba de rebaixar a euforia para poder centrarse no momento. E días despois daquel "cuidado con la fiesta", o momento foi o penalti de Djukic.

É tan arduo como tentador imaxinar un PP de Galicia con 5 escanos menos, xusto os que lle farían perder a maioría absoluta. Por mérito da oposición ou demérito de Rueda, ou todo xunto, ata semella posible. O penalti parece estar nos pés dese 23,7% que non ten decidido o seu voto. Coidado coa festa.

Comentarios