Opinión

'Deter a crise climática está en xogo en Dubai', por Francisco Peña

Dubai acolle estes días a COP28, agardemos que axude a avanzar na descarbonización e conseguir máis cooperación e financiamento para un futuro máis verde e próspero, aínda que non podo ocultar certa preocupación xa que a capital da cultura do petrodólar non parece ser o lugar máis idóneo para ese cambio de rumbo imprescindible para deter a crise climática. Asegúrome que Frans Timmermans, que lidera a acción climática na UE, estará á fronte das negociacións, xa que amosará o seu firme compromiso coa transición ecolóxica.

Catro eixos principais deste Cumio: acelerar a transición enerxética no centro da acción climática para reducir as emisións en 2030, financiar a acción climática, responder ás necesidades dos países en desenvolvemento e cumprir as promesas e sentar as bases dun novo acordo global.

Os cambios no clima están relacionados coa actividade antrópica, provocando emisións de GEI (superan nun 50% as de 1990), e o planeta está a experimentar os devastadores efectos do quentamento global, que están a afectar a metade da poboación mundial, ante a fame desesperada de moitos gobernos que contemplan pasivamente un planeta cada vez máis próximo ao seu punto de non retorno se non se toman medidas urxentes; cando o que fai falta é unidade de acción global para actuar con contundencia ante o que se nos presenta. Son necesarios con urxencia cambios estruturais para evitar superar o límite de 1,5 ºC de quecemento global a finais de século (Acordos de París). Os países membros da ONU terán que endurecer as medidas urxentes nas estratexias nacionais, acelerar a mitigación e adaptación ao cambio climático, para deter a crise climática e minimizar os seus efectos.

O tempo esgótase, é a derradeira oportunidade para loitar contra o quecemento global e deter a crise climática. Os que gobernan teñen a responsabilidade de tomar decisións para cambiar o curso dos acontecementos, polo ben do planeta e da humanidade.

Francisco Peña (Ponteareas)

Comentarios