Opinión

'Outro ano máis no barro', por Manuel Fernández

O domingo os deportivistas volvemos sufrir outro pau ao quedar eliminados no playoff de ascenso logo de perder en Castellón tras ter unha mínima vantaxe en Riazor por 1-0 cero. Nalgún momento acariciouse o pase á seguinte ronda pero hai cousas que non se poden consentir, como a de que o noso porteiro Ian Mackay, alén de non estar afortunado nos tres primeiros tantos do equipo de Castalia, se expulsara cando estaban a piques de rematar o partido antes de xogar a prórroga e provocou que o equipo xogase condicionado.

Na prórroga, o gol que marcan os locais non ten perdón, non se pode deixar rematar a pracer a un xogador adversario sen ningún tipo de oposición. Alén diso, hai que facerse varias preguntas: cando deixaremos de ter consellos de administración “de palla” e se empezarán a facer as cousas medianamente ben? Cando empezaremos a ter un proxecto de canteira e subir xogadores ao primeiro equipo? Cando traeremos alguén á dirección deportiva que saiba o que é o fútbol e non traeremos xente a probar experimentos?

Houbo un xogador como Trilli que din que pode marchar do club deixando uns míseros 200.000 euros, por que non se lle deron minutos este ano? Foron ordes dos de arriba? Coa fornada boa de futbolistas no Fabril e xuvenil, apenas saíu algún ao primeiro equipo. Ogallá me equivoque pero como sigamos con estes dirixentes, a longa noite de pedra non rematará, esperemos que Abanca tome decisións correctas e aprenda que con estas políticas non vai a ningures.

Manuel Fernández (A Coruña)

Comentarios