Opinión

Ver e ler

Estes días podemos ver o Códice Calixtino. O pazo de Xelmírez é un excelente espazo para ver e ler. Digo ler, porque ollar certas páxinas de pouco serve.Na comedia de todo un ano arredor dun diferente agocho deste Códex, repensamos no fado desta prodixiosa antoloxía. Cinco libros forman un volumen escrito, miniado polos mellores pendolistas da escola compostelá dos días de Diego Xelmirez.

Estes días podemos ver o Códice Calixtino. O pazo de Xelmírez é un excelente espazo para ver e ler. Digo ler, porque ollar certas páxinas de pouco serve.

Na comedia de todo un ano arredor dun diferente agocho deste Códex, repensamos no fado desta prodixiosa antoloxía. Cinco libros forman un volumen escrito, miniado polos mellores pendolistas da escola compostelá dos días de Diego Xelmirez.

O Códice Calixtino é, coa Historia Compostelá, a proba histórica insuperábel da consolidación dunha nova Galiza. O paso de Gallaecia á reino medieval dunha Galiza europea. O 1º libro, sobre a liturxia catedralicia do Apóstolo contén 22 composicións polifónicas: “ a primeira polifonía artística de toda a historia”(L. Calo).

Os libros 2 e 3, refiren os “miragres” e a traslación das reliquias Xacobeas de Palestina a Compostela. Unha sintese da literatura cristiá e lendaria da Alta Idade Media. Desde ese ambiente, o libro 4º, de don Turpín, todo un fascinante berce do ciclo de Carlomagno- Roma, Santiago e Xerusalen-brinda a épica de Roldán e prepara aos peregrnos para a longa viaxe a Occidente.

É o 5º libro, ese recorrido a ver e contar do camiño francés a Compostela. É afirmación dunha Galiza culta, europea, diferente do resto ibérico inda inicial. Todo o significado da obra relixiosa e cívica de Diego Xelmírez. Un Xelmírez alleo á “reconquistas”, nada interesado en “cruzadas”, entregado á paixón creativa dun pobo, dun país, dun reino.

O ocultamento centenario deste Códice, a súa consideración como alfaia de música e miniaturas, foi e é a obra da Monarquía e da complicidade catedralicia e bispal compostelá. Agochouse en museos e prestouse a artistas que o pasearon polas tabernas santiagesas, pero que nin leron, nin traduciron, nin comunicaron o contido xerminal do Códice sobre esta Terra, Galiza.

O “Codice Caslixtino”, ese xogo literario co nome dun Papa, de Carlomagno e de don Guillerme, patriarca de Xerusalen, é o tombo bautismal do reino de Galiza. Desde a venerábel Galláecia a nova perspectiva feudal-comercial do século XII, Xelmírez logrou que redactasen os seus pendolistas e miniaturistas unha obra de valor infindo, a carta magna dun país que se dispón a unha xeira nova en tempos novos. Iso é o “Codice Calixtino”, o veleiro dunha navegación naquela época dourada do reino de Galiza. Non o miredes, lédeo. Francisco Carballo.

Comentarios