Opinión

O dilema

Cando nos vindeiros anos alguén escreba a historia do BNG atopará un contraste sorprendente:entre a Asemblea de Amio e a que agora estamos celebrando tiveron lugar dous dos acontecementos mais relevantes de toda a historia da organización (as escisións e o pésimo resultado electoral do pasado mes de Outubro) e sen embargo non aparecen practicamente tratados no Informe de xestión e no relatorio desta Asemblea Nacional.

Cando nos vindeiros anos alguén escreba a historia do BNG atopará un contraste sorprendente:entre a Asemblea de Amio e a que agora estamos celebrando tiveron lugar dous dos acontecementos mais relevantes de toda a historia da organización (as escisións e o pésimo resultado electoral do pasado mes de Outubro) e sen embargo non aparecen practicamente tratados no Informe de xestión e no relatorio desta Asemblea Nacional.

Estamos hoxe peor que antes de Amio:o BNG é menos representativo da pluralidade nacionalista e ten menos crédito entre a sociedade.

O grave resultado dos últimos comicios está conectado coas escisións padecidas.A Asemblea de Amio certificou un fracaso colectivo.Non fomos quen de atopar un denominador común entre todos os segmentos do BNG a pesar de que tiñamos –e seguimos tendo- un grande patrimonio programático compartido.O motivo principal –non o único- foi a pretensión –gravemente errada- de buscar prioritariamente unha clarificación interna que depurase ao BNG de todos aqueles sectores presuntamente perniciosos.Non comparto semellante diagnóstico.As escisión non eran inevitábeis.Tampouco eran desexábeis.Podían e debían ser conxuradas.

"A sociedade galega está mais activa que nunca.Os que fallamos somos nós"

A sociedade galega está mais activa que nunca.Os que fallamos somos nós.Pero non por ser moderados ou pouco nacionalistas.Non conectamos porque provocamos rechazo, porque non soubemos gobernar a nosa casa.

O nacionalismo galego precisa un proceso constituínte que permita reconstruír as relacións con todos os sectores da nosa sociedade dispostos a sintonizar cun proxecto de construción nacional que supoña maior benestar colectivo e faga realidade unha democracia digna de tal nome.

O BNG ten que cambiar. Non abonda con atopar palabras mais ou menos atractivas.Temos un capital político acumulado que hai que aplicar mirando á sociedade galega.Temos que estar dispostos a mudar as vellas fórmulas políticas e organizativas para atopar novos espazos de converxencia con outros grupos organizados do universo nacionalista.Non se trata de renunciar aos principios fundacionais de 1982 pero non podemos considerar como algo inamovíbel a persistencia de grupos organizados que naceron hai 50 anos nun contexto histórico moi diferente e cuxa existencia non se xustifica neste momento.
Cambiar algo para que todo siga igual ou refundar o BNG no marco dese necesario proceso constituínte.Velaí o dilema da andaina que hoxe comezamos.


Xesús Veiga
(*)Texto da intervención do autor no debate sobre os documentos da XIV A.N. do BNG.

Comentarios