Opinión

Morte dun grande do anti-imperialismo

Morre Hugo Chávez, un dos grandes nomes da causa do anti-imperialismo das últimas dúas décadas. Imposíbel historiar sen el a loita da América Latina por conquistar a dignidade e por recuperar a soberanía, por concluír a tarefa histórica de Simón Bolívar, por libertar o continente, os indíxenas, os pretos, os brancos, do xugo colonial, primeiro español, logo norteamericano.

Morre Hugo Chávez, que soubo ver que o anti-imperialismo e o socialismo son as dúas caras da mesma moeda, que sen este aquel vira en letra morta, que o capitalismo non é reformábel e que o capital, alén de ter patria, ten a sede en Wall Street.

Morre Hugo Chávez, o patriota que ao chegar a tribuna de Nacións Unidas largou a xa lendaria frase de "aquí cheira a xofre", pois minutos antes falara desde ela o emperador George W. Bush.

Morre Hugo Chávez e agora a incógnita está en sabermos se a Revolución que fundou o sobrevive, demostrando así ser algo máis que o carisma dun líder militar e político dificilmente repetíbel.

Fago votos por que Diosdado Cabello acertase de pleno este día cando afirmou que en Venezuela a única transición é cara ao socialismo.

Comentarios