Opinión

Dicir Carlos Parrado

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e a faísca alumar ollos acesos.

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e o sorrir agromar nos nosos beizos.

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e a agudeza chegar ao entendemento.

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e a calor da amistade encher os peitos.

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e a loita patria a nos manter ergueitos.

Sentiamos dicir Carlos Parrado

e un mundo xusto nacer noviño e ledo.

Diremos sempre nós Carlos Parrado

coa esperanza común do teu exemplo.

Comentarios