Atopámonos nun momento crítico na nosa sociedade. Todo está en cuestión mais nada semella mudar. As antiguas fórmulas demostráronse inválidas pero as reforzamos ante cada decisión tomada para atallar a crise. Logo, qué é o que nos está a pasar? Non pretendo dar coa solucións, mais si instar a que reflexionemos en conxunto co fin de que a vontade colectiva atope o camiño correcto.
Ainda está fresco na memoria o proceso electoral vivido en Galiza, o resultado foi convulso por sorprendente e porque non afectou ao partido no Goberno do xeito que poderíamos agarda si a maioría da sociedade quixera de verdade facer borrón e conta nova. Engadamos á ecuación transcurrido o tempo voltamos a ter que falar de enquisas en medios de prensa.
Sigamos sumando. Olaia Fernández Davila obtén o recoñecemento no Congreso dos Diputados polo seu intenso traballo. Aos poucos días sabemos (uns poucos, porque os grandes medios non se fan eco) que o BNG presentou catro veces máis iniciativas parlamentarias no Parlamento Galego que calqueira dos outros partidos con representación.
Cál é a conclusión a todos estes datos? Imos por partes:
1.- A capacidade de traballo e sacrificio dos nosos representantes non obtén réditos electorais. O paso máis sinxelo, logo, sería que aqueles parlamentarios máis traballadores o fosen menos e se adicasen a copian actitudes que non fosen infructuosas. O resultado sería un mellor resultado electoral, mais tamén uns representantes menos fieles ao seu ideario. É culpa iso tamén dos políticos ou algo ten que ver a sociedade que decide en cada comicio?
2.- A prensa maioritaria ten un poder de influencia perigosamente decisivo. Súbense e báixanse ídolos a golpe de titular. No seu momento interesou que Anxo Quintana fose o “Salvador” e hoxe o Gandalf da política galega eríxese como referente. Aquel que era o pasado, que facía chorar aos nenos, volve de entre os cadáveres políticos para convertirse no Saturno que devora aos seus fillos. Ningunha das figuras mediáticas foron precisamente boas para o nacionalismo galego.
"A prensa maioritaria ten un poder de influencia perigosamente decisivo. Súbense e báixanse ídolos a golpe de titular".
3.- Temos os políticos que nos merecemos. O principio básico de que os nosos políticos son un fiel reflexo da nosa sociedade está hoxe máis vixente ca nunca. Si un político é corrupto e nos seguintes comicios nos que concurra obten un desastroso resultado, erradicaremos a corrupción ao instante. Si un político non traballa o suficiente durante o seu mandato e os resultados electorais o descabalgan dun goberno, teremos políticos traballando a reo de sol a sol. Pola contra, si as formacións políticas máis honestas, as que recurren á súa militancia para sosterse económicamente, as que a súa base está composta por traballadores e traballadoras e non por empresarios e profesionais liberais con intereses económicos na Administración Pública, vén reducida a súa representación polo mero feito de seren demonizadas en medios de prensa, o resultado será máis inxustiza e máis impunidade na “casta” política.
Na nosas mans está, os que confiamos no BNG temos unha excelente oportunidade na XIV Asemblea Nacional. E seguirán decindo que no BNG non hai diálogo nin se conta coas bases, en fin...