Opinión

As políticas do desencanto

Xa nada é como antes, dirían os vellos e vellas da aldea. Todo pasa tan rápido que non resiste comparacións con outros tempos e lugares. A metáfora pos-posmoderna do pensamento líquido  deixa paso ao pensamento ingrávido.  Ese que semella non pesar porque flota no aire, mais que adherido a pel humana como o suor asfisia a respiración celular. Nada é igual.

Xa nada é como antes, dirían os vellos e vellas da aldea. Todo pasa tan rápido que non resiste comparacións con outros tempos e lugares. A metáfora pos-posmoderna do pensamento líquido  deixa paso ao pensamento ingrávido.  Ese que semella non pesar porque flota no aire, mais que adherido a pel humana como o suor asfisia a respiración celular.

Nada é igual. Sisudos sociólogos aseguraban fai nada que non existían clases sociais, que iso era algo do pasado decimonónico. Pola contra en só cinco anos cambiamos de paradigma cognitivo a golpe de mercados e débeda, o que nos permite ser moito máis simples e retomar categorías aínda máis clásicas. Os ricos son  moito máis ricos. As clases medias levantáronse un día e de súpeto, eran pobres, non tiñan piso e si unha hipoteca, perderan o traballo e pagaban pola sanidade. E, os pobres son moitos máis e moito máis pobres.

Tamén os grandes analistas explicaban as bondades da globalización fronte ao atraso de reivindicar os dereitos dos pobos. Camiño de perder o dereito ao ser colectivo e a producir na terra, malamente reteremos o dereito a consumir globalmente. Sempre queda o recurso de facer a maleta e ir polo mundo. Fórmula de vello coñecida polos galegos e galegas na seu peculiar xeito de entender a mundialización avant la lettre.

Neste planeta tan complexo e cada vez máis simple, Galiza enfróntase a unha campaña electoral. Sen balance de goberno, porque non hai balance que facer. Todo xira entre o desencanto da política e a política do desencanto. Para min, como xa afirmei noutras ocasións, a un paso dos totalitarismos, por empregar o termo suave.

Quen práctica a política do desencanto ten o obxectivo claro. Gobernar desde outros despachos. Despachos inmunes á cidadanía. Opacos para a prensa. Cómodos para decidir sobre o futuro colectivo lonxe dos focos da participación, por imperfecta que esta sexa. A quen práctica a política do desencanto Galiza sóbralle. Se cadra como eco sentimental nunha tarde de foliada pode soportar a súa presenza. Como construción colectiva de futuro é necesario impedila.

Para os e as que viven no desencanto da política eu só teño unha mensaxe desde o respecto. Deixar que nos eliminen como nación faranos máis pobres nun mundo empobrecido no económico, no cultural, no democrático e no simbólico. De novo, o pensamento que necesitamos, máis alá da interpretación, debe transformar.

Comentarios