Opinión

A falacia das conclusións da victoria do PP

Estes días os do PP -e con razón, xa nos gustaría a outros- andan crecidos, e recibiron a Feijoo como o gran Delfín (escribir Golfiño queda mal neste contexto) Para Un Futuro Popular Glorioso e Eterno. O galego que sustituirá ao outro galego cando o actual galego se xubile de presidente.

Estes días os do PP -e con razón, xa nos gustaría a outros- andan crecidos, e recibiron a Feijoo como o gran Delfín (escribir Golfiño queda mal neste contexto) Para Un Futuro Popular Glorioso e Eterno. O galego que sustituirá ao outro galego cando o actual galego se xubile de presidente. E como andan crecidos, coidan que todo o que lles sae pola boca nestes días de análises da victoria (atreveranse de verdade os que non gañaron, os da derrota, a facer unha análise seria pase o que pase?), que é verdade, que acertan semper, que, coma o Papa que os inspira, son infalibles. E non é así.

É certo que gañaron. Iso é incontestable.

É certo que nos deron, aos que optamos por outras vías, unha malleira.

Mais non é certo que diso se poida concluir, sen máis, que o pobo galego lles di amén a todo o feito ata o de agora.

Porque, por primeira vez, o que se está a falar dende as ringleiras populares (dende Galicia e sobre todo dende Madrid) é que estes resultados son un referendo de que as políticas de axustes, os recortes e as duras medidas aprobadas están ben vistas, son admiradas e que, ademais, son o que se quería. Iso, ademais de falso, é unha parvada. Máis é a chorrada que repiten todo o tempo. O pobo galego decatouse de que era necesario deixalos cunha sanidade pública en precario, que era necesario abaratar os despidos, que era necesario non dotar as súas bibliotecas, que era necesario recortarlles as axudas en dependencia, cargarse os centros de orientación sexual para a mocidade, as axudas ás mulleres maltratadas, que era imprescindible meter máis alumnado xunto, despedir profesores, que que que que...

E repiten o mesmo todo o rato: a xente galega é lista porque entendeu que se fixo o que había que facer...

Velaí a falacia.

As cousas son máis complexas.

E se gañaron é, en parte, porque o seu electorado é moi fiel.

E en parte, porque (sinto a quen lle ofenda pero para iso isto é un artigo de Opinión), porque a oposición non ilusiona nada nadiña a ninguén ou case.

Pero non porque o pobo tiña ganas de plebiscitar as nefandas medidas tomadas.

Que digan o que queiran, que para iso están crecidos. Pero que non cometan falacias, que non nos mitan e que non nos tomen por idiotas.

Comentarios