Opinión

UnhA máis. Máis unhA

Ás veces unhA somérxese tanto na lectura, nos coloquios, nas figuras que din aquilo que ti non sabías como construír con palabras que é máis difícil voltar dese universo certamente abstracto, que non podes tocar coas mans mais que sabes que te está a construír, á túa realidade, ao teu eu, ao teu eu-A, e morrer de medo. 

Ás veces unhA somérxese tanto na lectura, nos coloquios, nas figuras que din aquilo que ti non sabías como construír con palabras que é máis difícil voltar dese universo certamente abstracto, que non podes tocar coas mans mais que sabes que te está a construír, á túa realidade, ao teu eu, ao teu eu-A, e morrer de medo. 

"É isto o que fan os estudos feministas e de xénero, deconstruír o que pensabamos que era o coñecemento por excelencia e demostrar que detrás de todo hai unha ollada universal, en absoluto neutral,  cargada de odio".

UnhA máis. Máis unhA.

Sempre intentando pensar que todo mellorou, que non todo está tan mal. Por suposto que queda moito por segar, por supostísimo, mais ás veces unhA reláxase e considera que certas cousas de base están resoltas. Algo que teñen os estudos feministas e de xénero é que unha vez que te metes no seu mundo xa non podes saír. Xa nada volve ser igual. O día que caes na conta de que nada do que te ensinaron é como antes o pensabas e que todos os aparellos que te rodean (ensino, medios de comunicación, literatura, arte...) non NOS inclúen, sentes que terás unha ollada de desconfianza perante todo de por vida. 

O outro día lía como exemplo co que evidenciar a forza do patriarcado na ciencia ou, maís ben, nese saber popular que ten moita máis forza sobre nós porque nos acampaña desde sempre que os síntomas dun infarto non son as que realmente coñecemos. Ben, si que o son, mais só no caso dos homes, xa que para as mulleres son outros ben diferentes: dor abdominal, estómago revolto e presión no pescozo. É isto o que fan os estudos feministas e de xénero, deconstruír o que pensabamos que era o coñecemento por excelencia e demostrar que detrás de todo hai unha ollada universal, en absoluto neutral,  cargada de odio.

"Hai que darlles luz a elAs, para facelAs ver, para que se fale de NÓS e non nos intenten tapar con máscaras".

UnhA máis. Máis unhA.

Sinto medo, moito medo, cando escoito exemplos tan simples como este. Non hai que falar de filosofía e de grandes cuestións que á meirande parte da xente  pode que se lle escapen para caer na conta da grande maquinaria que o patriarcado construíu ao longo do tempo e que non atende a épocas, modas, nin ideoloxías. Falo de ideoloxías moi conscientemente, porque o feminismo non debería ser unha cuestión ideolóxica senón ética e, desta vez si, universal e, por suposto, intencionada, porque debe estar para molestar, para facer saltar a alarma cando eses pequenos pasos que se moven entre nós silenciosamente intentan pasar desaparcibido. 

UnhA máis que formou parte dunha historia que A silenciou, que A tapou. Por iso intento camiñar, para darlle luz. Hai que darlles luz a elAs, para facelAs ver, para que se fale de NÓS e non nos intenten tapar con máscaras. Por iso hoxe son eu-A e por iso temos que incomodar, porque non queremos ser politicamente correctAs, porque non cremos en nada que non cre en NÓS. 

UnhA máis. Máis unhA. 


ElA...

Comentarios