Imprimir

Galiza supera os 1.000 contaxios rexistrados nunha xornada

Redacción | 13 de xaneiro de 2021

Os casos positivos por Covid-19 continúan en ascenso.
Os casos positivos por Covid-19 continúan en ascenso.
Ademais, hai 9.479 casos activos, 669 máis ca onte.

A pandemia colle forza nesta terceira vaga na Galiza e os dados que ofrece a Consellaría de Sanidade na última xornada indican que o impacto negativo dun Nadal permisivo cos desprazamentos e as xuntanzas sociais está a deixar pegada.

Así, continúa o aumento de casos día tras día a un ritmo preocupante. Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.047 contaxios, 928 deles por PCR. Rexístranse agora os contaxios derivados das datas de nadal.

Ademais, hai 9.479 casos activos, 669 máis ca onte. Un aumento tamén preocupante.

Tamén preocupa o aumento de ingresos hospitalarios derivados deste virus. Hai xa 511 persoas nos hospitais por mor da covid-19, 438 en planta (17 máis ca onte) e 73 nas UCI (3 máis).

A cifra de vítimas tamén segue en aumento. Logo de que o Sergas notificase esta segunda feira 12 falecementos por coronavirus, o número de mortos no país ascendeu a 1.474.

Á parte do aumento progresivo da presión hospitalaria observado nos últimos días, a taxa de positividade das PCR na Galiza mantense unha xornada máis en valores similares aos rexistrados na primeira semana de abril durante os primeiros compases da pandemia.

A web de  Sanidade recolle na mañá de hoxe que a positividade das PCR practicadas nas últimas 24 horas foi do 11%, o valor máximo desde o 7 de abril; aínda que habitualmente a taxa é  recalculada ao día seguinte por parte das autoridades sanitarias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/galiza-supera-1000-contaxios-rexistrados-nunha-xornada/20210113104026113650.html


© 2021 Nós Diario