sábado 31/10/20

Xa son máis de 124.000 traballadores e traballadoras afectados por ERTEs na Galiza

Suma e segue: Galiza rexistra xa un total de 23.651 Expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), con 124.918 traballadores e traballadoras afectadas, segundo datos da Xunta publicados esta sexta feira.

industria, factoría, cadea de montaxe

O número de ERTEs aumentaron así en 12,7% en apenas 24 horas, mentres que as e os traballadores inmersos nesta situación subiron 11,3% nese mesmo período.

A provincia de Pontevedra segue liderando as cifras de traballadores e traballadoras afectadas con 49.770, e un total de 7.929 ERTE. Séguelle A Coruña, con 41.783 e 9.100, respectivamente.

Dos ERTEs solicitados 688 afectan toda Galiza. Os estatais con repercusións no noso país son 32, pero a Xunta non ten cifras de empregadas e empregados afectados.

comentarios