VÍDEO | "Quen apaga o lume?": bombeiros de Vigo exixen ao Concello unha solución despregando unha gran pancarta

A pancarta, que reza 'Vigo sen bombeiros. Quen apaga o lume?', é a segunda das accións de protesta do colectivo, despois de que no acto de aceso das luces de Nadal da cidade despregasen globos con mensaxes reivindicativas.
Bombeiros de Vigo ante a pancarta despregada esta cuarta feira (Foto: Europa Press).
photo_camera Bombeiros de Vigo ante a pancarta despregada esta cuarta feira (Foto: Europa Press).

Bombeiros de Vigo guindaron esta semana unha gran pancarta exixindo ao goberno local unha "solución" ao "grave problema do servizo", reclamando máis efectivos para o corpo municipal.

A pancarta, que reza 'Vigo sen bombeiros. Quen apaga o lume?', é a segunda das accións de protesta do colectivo, despois de que no acto de acendido das luces de Nadal da cidade despregasen globos con mensaxes reivindicativas.

"Haberá máis"

"Haberá máis mentres esta corporación non solucione o grave problema do servizo", reivindicaron, tras enviar un vídeo aos medios de comunicación urxindo unha solución ao conflito.

Os bombeiros de Vigo levan anos lamentando a falta de profesionais na cidade, asegurando que na maioría das xornadas o número de efectivos operativos sitúase por baixo dos 20, o mínimo estabelecido polo propio goberno local.

Unha situación "insostíbel" que empeora en momentos de alta actividade, como ocorreu na madrugada do incendio mortal da rúa Alfonso X O Sabio, cando todos os bombeiros operativos tiveron que acudir ao lugar, quedando un só telefonista recibindo as alertas de toda a cidade.

Ese día traballaban 17 persoas, tamén menos dos 20 que marca a normativa.

Comentarios