O sindicato independente, co 64% dos votos, aumenta a súa maioría no comité de Stellantis Vigo

A elección do cadro de persoal para escoller membros do comité rematou con 21 delegados de SIT-FSI, catro de UXT, tres de CUT, e tres de CCOO. A CIG non conseguiu representación.

A factoría viguesa de Stellantis segue sen retomar a produción por mor da crise dos microchips (Foto: Grupo PSA).
photo_camera A factoría viguesa de Stellantis segue sen retomar a produción por mor da crise dos microchips (Foto: Grupo PSA).

O cadro de persoal de Stellantis Vigo antiga PSA-Citröen, elixiu entre esta quinta e esta sexta feira o seu novo comité de empresa.

O resultado final indica que o Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) ampliou a súa maioría, alcanzando 21 representantes e o 64% dos votos.

Con estes datos, o SIT-FSI mellora os seus resultados con respecto ao anterior comité, onde tiña 20 delegados de 33 integrantes. Nesta ocasión, elixíronse 31 representantes, xa que o persoal diminuíu en algo máis de 300 empregados.

A elección do cadro de persoal para escoller membros do comité derivaba  27 foron para o Colexio de Especialistas e non Cualificados e catro para o de técnicos e administrativos.

O sindicato independente obtivo 2.908 votos mentres que UXT colleitou 711. En terceiro lugar quedou a CUT (500 votos) seguido de CCOO (475 votos). A CIG recolleu 240 apoios.

Ademais dos 21 representantes de SIT-FSI, o novo comité escollido esta semana contará con catro delegados de UXT -14,36% dos votos-, tres de CUT -8,72 por cento- e tres de CCOO -8,45 por cento dos votos-. Desta vez a CIG non conseguiu o 5% para poder contar con representación.

Tras as últimas eleccións, realizadas en outubro de 2018, o comité de empresa quedou formado por 20 delegados do Sindicato Independente de Traballadores (SIT), 4 delegados de UXT, 4 delegados da CUT, 3 delegados de CC.OO. e 2 delegados da CIG.

Comentarios