O persoal en ERTE que precise un anticipo da prestación deberá solicitalo a través da empresa

O DOG publicou as condicións para pedir este adianto para quen aínda non cobrou unha prestación. O anticipo será acordado finalmente coa entidade financeira, que ingresará posteriormente a parte da prestación por ERTE que reste ao descontalo.
Oficina de Emprego (Nós Diario)
photo_camera Oficina de Emprego (Nós Diario)

Desde o pasado 17 de marzo até o 21 de abril, Galiza sumou 208.164 traballadoras e traballadores afectados nun total de 34.519 ERTE. As descoordinacións entre as Administracións centrais e galegas así como as modificacións nos prazos da tramitación provocaron que parte do persoal en ERTE non teña cobrado a prestación á que ten dereito.

Naquela altura, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou a sinatura dun convenio entre a Administración galega e entidades financeiras para achegar un anticipo ao persoal en situación de ERTE que non cobrou a prestación. O DOG publica hoxe os detalles e requisitos para cursar as peticións. As contías ascenden a un máximo de 750 euros o primeiro mes e 750 euros o segundo, en caso de que a prestación aínda non fose recibida.

Para acceder a este anticipo, o persoal deberá demandar empresa para a que traballa que notifique a Xunta a súa necesidade da axuda. Un procedemento que a Xunta non especifica na orde publicada hoxe. Posteriormente, estas deberán comunicar telematicamente á Administración o número de empregadas que solicita o anticipo os seus datos, incluíndo na que se domicilia. O prazo para realizar este trámite esténdese desde o día de hoxe até 30 de outubro de 2020.

Se ben non se especifica no DOG, a Consellaría de Economía, Emprego e Turismo explica que a Administración galega ten un prazo de 24 horas para revisar os datos recibidos e remitir as operacións validadas ás entidades financeiras. Paralelamente, notificará a empresa deste envío. A continuación, "é o banco o que formaliza o acordo co cliente e pon o anticipo á súa disposición", especifican fontes da Consellaría.

"Quen reciba un anticipo non ten que devolver nada", aclaran as mesmas fontes, "cando dobre a prestación do Servizo Público de Emprego Estatal (o SEPE) a entidade financeira ingresaralle directamente a parte que reste por cobrar".

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios