O paro de longa duración na Galiza aumentou 45% nunha década

Catro de cada 10 persoas no desemprego acumulan máis dun ano nesta situación.

O cambio legal nas prestacións de desempregou entrou en vigor este ano (Foto: Riobó Prada)
photo_camera (Foto: Riobó Prada)

Catro de cada dez persoas que está no desemprego en Galiza cadra no que se denomina “paro de longa duración (PLD)”, é dicir, leva más de 12 meses sen atopar traballo. 42% das e dos parados galegos son de longa duración, unha taxa por riba da media europea.

A porcentaxe é superior en 44% ás persoas que estaban no PLD en 2008 e que se situaban en menos de 29% do total de persoas que están rexistradas no deesemprego.

Ademais, 2023 principiou con 52.300 fogares galegos nos que todos os seus membros activos están en situación de desemprego. Unha cifra que supón 1.400 fogares máis nesa situación dos que había cando arrancou 2022. Así pois, cada día catro novas familias pasaban a engrosar a lista de quen non ten ningún dos seus membros en idade activa traballando.

Unha mostra do impacto da crise, reflectida nos datos da EPA, Enquisa de Poboación Activa. De feito, o cuarto trimestre de 2022 rematou na Galiza con 1.104.500 persoas ocupadas -que tiñan un emprego remunerado ou exercían unha actividade independente e atopábanse traballando ou ben, mantendo un vínculo formal co seu emprego, atopábanse ausentes por vacacións, baixa ou outro motivo-, un total de 9.200 menos que no trimestre anterior (-0,83%), segundo a Enquisa de Poboación Activa do cuarto trimestre, dada a coñecer esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O número de persoas activas -que están empregadas ou ben desenvolven unha busca activa de emprego-, tamén caeu no último trimestre, en 12.700, 1,02% menos que con respecto a setembro de 2022. Así, a taxa de actividade galega é de tan só 52,7%, fronte á de 58,5% no Estado. Ademais, esta taxa baixa tamén en relación ao terceiro trimestre, cando era de 53,3%.

Comentarios