O naval volve á rúa en Ferrol para demandar carga de traballo

O persoal saíu a pé dos estaleiros de Fene e Ferrol para confluír na avenida da Gándara e marchar conxuntamente en manifestación até o Concello de Ferrol.

Navantia mobilización carga de traballo (CIG)
photo_camera Mobilización desta quinta feira (CIG)

Máis una quinta feira, o persoal dos estaleiros de Fene e Ferrol saíu á rúa para demandar carga de traballo inmediata que palíe a caída na ocupación entre o remate dos buques australianos e o inicio da construción das fragatas F-110.

A mobilización ten lugar un día despois de que representantes da CIG-Industria e delegados da central nas industrias auxiliares se trasladaran até Madrid para reivindicar a creación do Complexo Integral para a Construción Naval que permita superar a dependencia do sector militar á que están sometidos os estaleiros da ría de Ferrol e a periódica expulsión ao desemprego e a emigración que isto conleva para o persoal das subcontratas.

Comentarios