Falece aos 71 anos a avogada laboralista Teresa Mourín

"O teu sorriso, a luz dos teus ollos, sempre na nosa memoria", din os seus familiares.
A avogada Teresa Mourín. (Foto: Faro de Vigo)
photo_camera A avogada Teresa Mourín. (Foto: Faro de Vigo)

Vigo chora a perda dunha muller que deixou unha forte pegada na cidade, en especial entre a clase obreira. A avogada laboralista Teresa Mourín finou esta cuarta feira aos 71 anos de idade e será despedida por familiares e amizades na tarde desta quinta.

Os seus achegados lémbrana como "unha muller boa, xenerosa e solidaria". "O teu sorriso, a luz dos teus ollos, sempre na nosa memoria", reza a esquela que sae publicada esta mesma quinta feira.

A letrada arribou na cidade olívica após licenciarse en Dereito, e desde o primeiro intre dedicouse ininterrompidamente, durante catro décadas, a exercer o dereito laboral e defender as e os traballadores.

Mourín chegou a un Vigo convulso para a clase obreira, nunha época marcada polos anos finais do réxime franquista e a crise da industria, en especial no naval vigués. Tamén viviu como profesional a recesión económica de 2008 e os conflitos laborais derivados dela.

Comentarios