xoves 24/09/20

Condenan Seaga a pagar 13.300 euros a 36 brigadistas por horas extras non retriubuídas

Manifestación de traballadores de Seaga
Manifestación de traballadores de Seaga

O xulgado do Social número 3 de Ourense condenou Seaga, dependente da Xunta, a pagar 13.300 euros a 36 brigadistas por horas extra e nocturnas realizadas en 2013 e 2014 e que non se lle retribuiron. Nas sentenzas, ás que tivo acceso Europa Press, a xustiza dá a razón a peóns, peóns especialistas e xefes de brigada indefinidos discontinuos na súa demanda contra Seaga por non lles pagar esas horas traballadas.

Na resolución figura que se dá a razón aos traballadores polas horas extras traballabas en agosto, setembro e outubro de 2013 e polas nocturnas dese ano e 2014. Os brigadistas tanén demandaran cobrar as extras de xullo de 2013 e as nocturnas dese mes e de agosto e setembro de 2013. O Xulgado, porén, non as estimou, por prescribir o prazo para a súa reclamación.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) condenou en xuño a empresa pública de servizos agrarios (Seaga) a estender o período de contratación de todos os traballadores fixos descontinuos á duración completa das campañas de perigo alto, o que implicará un aumento de 35 días a cada empregado. A decisión afectará a uns 500 empregados das brigadas de extinción de incendios forestais de todo o país e foi adoptada após a demanda de conflito colectivo presentada pola CIG.


 


 

comentarios