Os bombeiros comarcais levan as súas demandas á Coruña nunha multitudinaria marcha

Con ampla presenza policial, no seu manifesto, asinado polo comité de folga, denuncian que na Galiza hai 439 bombeiros comarcais, unha cifra "insuficiente", argumenta, para atender as necesidades existentes.
Protestas dos bombeiros ante a Deputación da Coruña (Foto:: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Protestas dos bombeiros ante a Deputación da Coruña (Foto:: M. Dylan / Europa Press).

Uns 300 bombeiros de 24 parques comarcais da Galiza manifestáronse ante a sede da Deputación da Coruña para exixir mellores condicións laborais, no marco das mobilizacións que están a levar a cabo con motivo da folga que manteñen desde mediados de xuño. Ademais, fixeron ás administracións implicadas, Xunta da Galiza e Deputacións, chamamentos a negociar.

Entre as súas peticións están un convenio colectivo a nivel galego, unificado para todo o territorio segundo a súa profesión; maior dotación de medios técnicos e de recursos humanos, así como fixeza no emprego de acordo coa doutrina do Tribunal Supremo de xaneiro de 2022.

O presidente do comité de folga, Ángel Moldes (CIG), fixo un novo chamamento ao diálogo ás Administracións, das que asegurou non saben "nada" desde que anularon a reunión prevista para o pasado día 9.

Entre outras cuestións, denunciou que os salarios se sitúan nuns 1.200 euros ao mes, sen que se recollan conceptos como o perigo, e engadiu que non hai "dotacións seguras" ao ser de media tres persoas.

"Non somos nin sequera un binomio para rescatar a un compañeiro", expuxo o presidente do comité de folga que lamentou o trato "como delincuentes" na mobilización, ao ser identificados "un por un" por parte da Policía.

Outro bombeiro, Adrián Pena, do Morrazo, explicou que o que reclaman son "melloras para o servizo". "Económicas, sociais e máis persoal", citou. Neste último caso, reiterou que están "baixo mínimos, con dotacións de tres persoas por parque, que non dá nin para cumprir". Ademais, recalcou que levan 20 anos con estas reivindicacións.

Persoal "insuficiente"

As súas demandas trasladáronas nunha protesta na que repartiron papeis alusivos ao director xeral de Emerxencias, Santiago Vilanova, e tamén ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente primeiro Diego Calvo.

Con ampla presenza policial, no seu manifesto, asinado polo comité de folga, denuncian que na Galiza hai 439 bombeiros comarcais, unha cifra "insuficiente", argumenta, para atender as necesidades existentes.

Ademais, aseguran que non se lles paga "polo que fan" e que as súas mobilizacións responden o obxectivo de defender para o colectivo "unhas condicións dignas para prestar un mellor servizo á cidadanía".

Na mobilización, cunha pancarta co lema 'A nosa loita é a vosa vergoña', cortaron a rúa entre a Deputación da Coruña e a sede de Correos. Tamén corearon proclamas, golpearon os seus cascos contra o chan e no caso dalgúns se quedaron co torso espido, ademais de lanzar confetti.

Comentarios