Bombeiros comarcais desconvocan dúas das cinco manifestacións programadas tras seren citados a unha nova reunión

Nas últimas horas, os bombeiros comarcais 'levantaron' a acampada de protesta, entre outras cuestións, para "coller forzas" e encarar unha nova fase nas mobilizacións, tendo en conta que non había programadas reunións entre as partes desde o pasado 3 de xaneiro.
Mobilización dos bombeiros en Compostela o pasado mes de novembro (Foto: Nós Diario).
photo_camera Mobilización dos bombeiros en Compostela o pasado mes de novembro (Foto: Nós Diario).

O colectivo de bombeiros comarcais, en folga desde hai máis de 7 meses, anunciou a desconvocatoria de dúas das cinco manifestacións que anunciaran para os próximos días, tras ser citados nas últimas horas para manter unha nova reunión, o próximo 25 de xaneiro.

Segundo informaron nun comunicado, horas despois de 'levantar' a súa acampada de protesta no Praza do Obradoiro, quedan suspendidas as manifestacións previstas para os días 20 e 22 de xaneiro en Santiago, que ían percorrer as rúas da cidade. Así, explicaron que esta quinta feira pola tarde o comité de folga foi citado a unha reunión o próximo 25 de xaneiro.

Nas últimas horas, os bombeiros comarcais 'levantaron' a acampada de protesta, entre outras cuestións, para "coller forzas" e encarar unha nova fase nas mobilizacións, tendo en conta que non había programadas reunións entre as partes desde o pasado 3 de xaneiro.

Esperanzas

Agora, o colectivo deposita as súas esperanzas na nova reunión prevista para a próxima semana, aínda que o comité advertiu de que mantén as cautelas "para o caso de que finalmente a acción sindical deba continuar".

O órgano de representación dos traballadores fixo un "chamamento á calma" e trasladou a súa confianza en que "as cousas avancen nas próximas datas no sentido desexado". Con todo, pediron aos bombeiros que estean "preparados" para posíbeis protestas e accións reivindicativas.

Comentarios