Política social

A Xunta atrasa prestacións máis de un mes e págaas en campaña: "Estamos pasándoo mal"

As máis de 37.000 galegas e galegos preceptores de pensións non contributivas levaban máis de un mes agardando polo complemento de actualización das súas prestacións, 218 euros, que deberían ter recibido nos primeiros dez días de xaneiro. Porén, a Xunta da Galiza fixo estes pagamentos antonte pola tarde, sen explicacións dos motivos do atraso.
Máis de 37.000 persoas perciben pensións non contributivas na Galiza. (Foto: Europa Press)
photo_camera Máis de 37.000 persoas perciben pensións non contributivas na Galiza. (Foto: Europa Press)
Comentarios