O Concello de Viana do Bolo agasalla con bandeiras galegas aos veciños e veciñas, un acto que se desenvolve no marco do 25 de xullo e para conmemorar o Día da Patria.
A través dun aviso, o Concello informa que as veciñas e veciños que así o desexen poden pasar pola oficina de información, na Casa do Concello, para recoller as bandeiras.
“Agasallo de Bandeiras con motivo da Patria Galega. Viana do Bolo. Pasa a recollela e pendúraa na túa fiestra no dia nacional de Galiza. Viva Galiza!”, escribiu no seu FB o alcalde da localidade, Secundino Fernández.