"Ti podes paralos": a solidariedade permite recorrer no TSXG até 28 parques eólicos

En apenas cinco meses máis de 2.000 doantes —individuais e colectivos— achegaron ao redor de 175.000 euros nunha campaña de recadación solidaria que, baixo o nome de Ti podes paralos!, permitiu recorrer vía contencioso-administrativa no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) un total de 28 proxectos eólicos. A campaña segue en marcha.
macizo central ourense turismo de galiza
photo_camera Un dos parques recorridos é o do Rodicio, que se instalaría no Macizo Central. (Foto: Turismo de Galiza)
Comentarios