Só 14% das persoas en situación de "pobreza severa" percibe o Ingreso Mínimo Vital

Segundo os datos máis recentes, o Ingreso Mínimo Vital (IMV) só cobre 14% das galegas e galegos en situación de extrema vulnerabilidade, e apenas 6% das persoas que padecen pobreza relativa. Persoal do terceiro sector sinala a 'Nós Diario' as causas da escasa cobertura desta prestación e instan a Administración a que axilice os trámites para aumentar os beneficiarios. Aliás, cren que a Risga debe ser complementaria á prestación estatal.
Seis de cada sete persoas con carencias materiais severas non percibe o IMV. Na imaxe, o Banco de Alimentos das Rías Altas (Foto: Arxina).
photo_camera Seis de cada sete persoas con carencias materiais severas non percibe o IMV. Na imaxe, o Banco de Alimentos das Rías Altas (Foto: Arxina).
comentarios