Abadín

Segredo de sumario e todas as hipóteses abertas no caso da desaparición do octoxenario Enrique Bolívar

Non hai noticias de Enrique Bolívar Díaz Pardo, veciño de Quende (Abadín, A Terra Chá), desde o pasado 3 de setembro. Nun primeiro momento falouse dunha desaparición, pero agora unha xuíza vén de decretar o segredo de sumario nunha investigación na que agora están abertas todas as hipóteses e non se descarta a implicación de terceiras persoas. O suceso podería gardar relación co achado dun coche calcinado en Ribadeo na mesma noite en que o octoxenario desapareceu.
Enrique Bolívar Díaz Pardo, o octoxenario desaparecido en Abadín. (Foto: Europa Press)
photo_camera Enrique Bolívar Díaz Pardo, o octoxenario desaparecido en Abadín. (Foto:
Comentarios