Os bombardeos e ataques das últimas xornadas de Israel conta a Faixa de Gaza que xa deixan millares de cidadáns palestinos falecidos e moitos máis feridos provocaron mobilizacións en todo o mundo.
Na Galiza, o pasado día 16 de outubro, até 16 concentracións por todo o país berraron en solidariedade co pobo palestino.
Agora, novamente volven convocarse mobilizacións en boa parte do país para o vindeiro domingo 22 de outubro ás 12 horas. As convocadas até o de agora son:
- A Coruña (Obelisco)
- Betanzos (Cantón Claudino Pita)
- Burela (praza do Concello)
- Compostela (praza Roxa)
- Ferrol (praza do Concello)
- Lugo (diante do Concello)
- Monforte (praza de España)
- Ourense (rúa do Paseo)
- Pontevedra (praza da Peregrina)
- Ribeira (praza do Concello)
- Vigo (saída do cruce Vía Norte)
- Vilagarcía (praza da Galiza)
BDS Galiza, Mar de Lumes, a Asociación Galaico Árabe Jenin e a Asociación Galiza por Palestina son as organizacións convocantes destas concentracións que se moblizarán baixo o lema “Paremos o xenocidio na Palestina”.
"A sociedade galega asiste con alarma e indignación aos crimes contra a humanidade en Gaza mentres aumentan a ocupación e ataques á poboación en Cisxordania. O pobo palestino debe ser libre para decidir o seu destino sen máis inxerencias colonialistas", aseguran.