Sanidade pública

Medran as protestas: pacientes e persoal sanitario saen á rúa acusando a Xunta de levar ao colapso a sanidade

As protestas en defensa da sanidade pública galega percorreron esta quinta feira múltiples puntos da Galiza. Mentres o colectivo de enfermeiras A Por Todas mobilizábase en todas as áreas sanitarias da Galiza, entidades sociais a nivel local saíron á rúa contra o deterioro da Atención Primaria.

Concentración de enfermeiras onte en Compostela, acto en Corrubedo (Ribeira) onte para celebrar que, grazas á loita, conseguiron médico, e manifestación de enfermeiras decorrida onte na cidade da Coruña. (Fotos: Arxina | Nós Diario)
photo_camera Concentración de enfermeiras onte en Compostela, acto en Corrubedo (Ribeira) onte para celebrar que, grazas á loita, conseguiron médico, e manifestación de enfermeiras decorrida onte na cidade da Coruña. (Fotos: Arxina | Nós Diario)
Comentarios