Nova vaga de solidariedade (que non cesa) con Palestina: "O pobo galego identifica ben cales son as causas xustas"

Arredor de 30 localidades da Galiza acolleron mobilizacións en rexeitamento do xenocidio que o Estado sionista de Israel está a exercer sobre o pobo palestino. Nas rúas galegas escoitáronse esta segunda feira peticións de responsabilidade aos gobernos, así como a fin do colonialismo, o apartheid e a ocupación israelí.
Concentración na praza Roxa de Compostela, hoxe. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Concentración na praza Roxa de Compostela, hoxe. (Foto: Nós Diario)
Comentarios