No verán de 2013 o Icann (siglas en inglés da Corporación de internet para a asignación de nomes e números), a organización responsábel de asignar os enderezos do protocolo IP, aprobaba o .gal. Catro anos despois hai 4.100 dominios rexistrados co .gal
A Asociación PuntoGal quer celebrar este 25 de xullo cun desconto para os novos dominios, que poderán adquirirse por 25 euros, máis IVE, nos rexistradores acollidos a esta promoción. A campaña activarase esta sexta feira, 14 de xullo, e finalizará o vindeiro 31 de xullo. Os rexistradores acollidos á promoción son os seguintes: Arsys, CdMon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH.
A promoción vai acompañada dunha creación feita especialmente para o dominio por Rei Zentolo, socios de PuntoGal. O deseño, que se publicará tanto na web como nas redes sociais, é unha homenaxe á revista Nós realizada con imaxes de inspiración tecnolóxica