Os incendios arrasaron 4.000 hectáreas en menos de dous días nunha decena de concellos galegos, principalmente no sur de Ourense, onde se rexistran os lumes máis importantes. A Xunta decretou o Nivel 2 de alerta nalgún destes incendios e mesmo se procedeu a evacuar a veciñanza en aldeas como A Illa ou Bouzodrado (Entrimo). Nes concello o incendio calcinou máis de 2.300 hectáreas. O lume tamén creou momentos de tensión en Monterrei, onde arderon 130 hectáreas.
Non foron estes os únigos lumes nestas horas, pois tamén Borobás (con 520 hectáreas arrasadas) e Oímbra, con máis de 1.500. En Muíños as lapas deron conta de 800 hectáreas do parque natural do Xurés. Aquí a combustión de mato e árbores chegaron a acadar os 500 grados centígrados. En Muíños e Oímbra os incendios calcinaron medio cento de cortizas, castiñeiros, alpendres e viñedos.
Mais non só Ourense sofreu nestas horas incendios. En Lugo hai lumes na Fonsagrada, con máis de 104 hectáreas afectadas, e Navia de Suarna, onde se chegou a declarar o Nivel 2, xa desactivado, na parroquia de Rao. E no Barbanza, en Boiro, onde un incendio calcinou 35 hectáreas na parroquia de Bealo.
Demisión
O sector de Autonómica da CIG-Administración reclámalle á Xunta de Galiza a posta en marcha de medidas de prevención “para paliar a lacra dos incendios forestais” que están a afectar especialmente a provincia de Ourense. Dende a central nacionalista esixen tamén a dimisión do director xeral de Ordenación e Produción Forestal pola súa incompetencia á hora de xestionar a loita contra os lumes.