Incógnitas na reapertura das escolas infantís

As escolas infantís de cero a tres anos abren de novo as portas ao alumnado despois de cinco meses e medio fechadas polo coronavirus. Os centros privados inician hoxe o curso á espera dos de titularidade pública, que non recibirán as crianzas até o día 4. A súa reapertura atende as necesidades de conciliación das familias mais tamén o regreso a unha realidade educativa que os sindicatos piden desenvolver nas aulas con todos os recursos e garantías de seguridade.
Fabiola García, conselleira de Política
Social en funcións, de visita nunha escola
infantil da Rede Galiña Azul,
nunha imaxe de arquivo.
photo_camera Fabiola García, conselleira de Política Social en funcións, nunha escola infantil da Rede Galiña Azul, nunha imaxe de arquivo.
Comentarios