'Alba de Compostela' homenaxeará o 25 de xullo estas catro figuras de relevancia para Santiago e Galiza

Son Daniel Lorenzo Santos, director da Fundación Catedral de Santiago; os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi; María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite, e Ánxeles González Porto, propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da asociación cultural Cidade Vella.
O acto 'Alba de Compostela' terá lugar o vindeiro 25 de xullo. (Foto: Concello de Santiago)
photo_camera O acto 'Alba de Compostela' terá lugar o vindeiro 25 de xullo. (Foto: Concello de Santiago)
Comentarios