"Franco, ás veces, era 'gilipollas'" Eis as curiosas declaracións do historiador Paul Preston

O historiador Paul Preston (Foto; Universitat de Barcelona).
Preston asegura na conversa con 'El Mundo' que "Franco foi enganado por estafadores que o fixeron crer que podían fabricar petróleo a partir de auga".

O historiador e profesor británico, Paul Preston deu unhas declaracións certamente curiosas durante unha entrevista que concedeu ao xornal El Mundo.

Na entrevista, o experto na Segunda República española así como na guerra civil, asegurou que "Franco era moi astuto, masi, ás veces, parecía 'gilipollas'".

Preston asegura na conversa con El Mundo que "Franco foi enganado por estafadores que o fixeron crer que podían fabricar petróleo a partir de auga".

Pazo de Meirás

Na entrevista, Preston analiza tamén a cuestión no Pazo de Meirás.

Así, fala sobre o libro de Carlos Babío e Manuel Pérez Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio. Presto refírese a el como "alucinante".

Ademais, incide en que "eu pensaba inocentemente que o do Pazo de Meirás era legal"

Paul Preston

Preston é autor da biografía de Franco, considerada como o libro de referencia nese eido. Titúlase El gran manipulador e nel fai un repaso da vida do ditador e as veces que foi enganado.

Ademais, é doutor en Historia pola Universidade de Oxford e catedrático de Historia Contemporánea española.

Tamén foi profesor de Historia na Universidade de Reading, no Centro de Estudos Mediterráneos, no Queen Mary College.

Xunto a Ian Gibson e Hugh Thomas, constitúe o núcleo dos hispanistas británicos que dedicaron o seu esforzo ao estudo da historia recente do Estado Español.