O feminismo galego sae á rúa para exixir recursos para poder abortar na pública

"Saímos ás rúas da Galiza para pedir un aborto libre, seguro e garantido na sanidade pública!". A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) e a plataforma do Feminismo Unitario de Vigo convocaron esta quinta feira concentracións nesta cidade máis na Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra e  O Porriño para reclamar cambios nas políticas da Xunta da Galiza, que agora, afirma a Marcha, "están en contra da saúde das mulleres".
Concentración por un aborto libre e garantido en Pontevedra esta quinta feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera Concentración por un aborto libre e garantido en Pontevedra esta quinta feira (Foto: Nós Diario).
Comentarios