Medio Ambiente

VÍDEO | Ecoloxistas taponan as verteduras da mina de San Finx: "Miles de traballos dependen do marisqueo na ría"

"Queremos alertar non só sobre a contaminación actual, senón tamén sobre a contaminación que se aveciña coa nova autorización de vertedura outorgada pola Xunta. Unha autorización coa que a empresa mineira poderá verter por este mesmo tubo case 1.000 millóns de litros anuais de residuos mineiros, con alta concentración de metais pesados", alerta o colectivo.
photo_camera Unha ducia de activistas ecoloxistas irromperon nas instalacións mineiras de San Finx, en Lousame, para taponar unha tubaxe pola que se verten "augas contaminadas". (VÍDEO: Ecoloxistas en Acción)
Comentarios