O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, xustificou na comisión de control que a vacinación irregular da alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, non figurou entre as novas dos informativos da TVG o día en que a noticia da súa vacinación saltou á prensa debido "aos tempos dos procesos informativos". Novo mantense na Alcaldía aínda que pediu baixa no PP logo do sucedido e de que o partido lle abrise expediente.
A deputada do BNG María Albert reprochou na Comisión a Izquierdo que, pese ao interese informativo, o feito non foi tratado nos telexornais da TVG do 28 de xaneiro, a pesar de si informarse de vacinacións irregulares no Estado. Outras televisións, porén, s que recolleron a nova da vacinación irregular da alcaldesa.
Albert tamén lembrou que no telexornal do día 29 foi emitida unha información sobre a apertura de expediente á alcaldesa por parte do PP sen dar cabida aos postulados das demais forzas políticas.
O director xeral da @crtvg di que a nova da vacinación irregular da alcaldesa de Boimorto non se deu por falta de tempo para extraer imaxes do arquivo. @mariagalbert, de @obloque, ve no caso un exemplo da "sistemática utilización" do medio ao servizo do poder.#DefendeAGalega pic.twitter.com/vvKdUQjOXE
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) March 2, 2021