A Policía Nacional detivo un home e unha muller como presuntos responsábeis dun delito contra a saúde pública, na desarticulación dun punto de venda de drogas en Vigo.
Segundo informa a Comisaría de Vigo-Redondela, estaba situado na zona de Lavadores.
A investigación iniciouse tras ter información de que se estaba producindo a venda de distintas substancias estupefacientes en domicilios e entre clientes.
Durante varios meses, o grupo da Policía Xudicial solicitou toda a información posíbel e probas para esclarecer os feitos. Así, logrouse deter aos dous presuntos autores e, con iso, desarticular este punto de venda.
Ademais, os axentes incautáronse de distintas substancias estupefacientes -cocaína e haxix-, útiles para o envasado e distribución das doses e diñeiro en efectivo.