O colexio Compañía de María de Santiago apartou un traballador do centro despois dunha denuncia por unha presunta agresión sexual a un menor deste centro concertado.
Segundo confirmou a Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades, a dirección do centro púxose en contacto con Inspección Educativa nas últimas horas para informar deste caso.
Así mesmo, afirmou que o caso xa está en mans da xustiza e que a persoa presuntamente implicada xa foi apartada das súas funcións.
Este sexta feira os responsábeis do colexio mantiveron unha reunión cos pais e nais dos alumnos de primaria e infantil para explicarlles a situación e trasladarlles que apartaran un traballador do centro.