A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fixo un chamamento á poboación galega para doar sangue a través dos seus centros e unidades móbiles, que percorrerán durante a próxima semana todo o país.
En concreto, a vindeira segunda feira, día 17, as unidades móbiles de Ados estarán en Cedeira, A Coruña, Ponteceso, Muros, Barreiros, Foz, Ourense Pobra de Trives, O Grove, Cangas, Nigrán e Silleda.
Xa na terza feira, desprazaranse a Catoira, Vigo, Cangas e Silleda, Pontedeume, A Coruña e Curtis.
Para a cuarta feira, as unidades estarán no Campus de Pontevedra, o CUVI e O Calvario, en Vigo, e a zona das Travesas; así como en distintos puntos da Coruña, en Carnota e no Campus Vida de Santiago de Compostela. Tamén se situarán na Biblioteca Intercentros de Lugo e no Campus de Ourense.
Na recta final da semana, a quinta feira, Ados desprazarase ao IES Muralla Romana de Lugo e ao Centro de Saúde da Porqueira e a Estación de Ourense; ademais de Vila de Cruces, Redondela, Vigo, Salvaterra de Miño, Ferrol, A Coruña, Camariñas, Santiago e Padrón. A sexta feira estarán en Miño, A Laracha, Boiro, A Coruña, Vilagarcía, Ponteareas, Redondela, A Estrada, Monforte e Xinzo de Limia.
Finalmente, o sábado, a cidadanía poderá doar en Monforte de Lemos, Miño, A Coruña, Boiro, Vilagarcía de Arousa e Ponteareas.
Reservas de sangue
En canto ás reservas de sangue, permanecen en nivel normal as dos grupos A negativo, Cero positivo e Cero negativo, mentres que o resto están en nivel bo.