Os acusados poderán saír do cárcere en tanto non haxa sentencia firme. O vindeiro 7 de xullo faría dos anos -o prazo máximo para a prisión provisional, aínda que podería ser ampliada ate a metade da condena- que ingresaron nela, despois de abusar dunha muller durante as festas de San Fermín en Iruña.
La Manada foi absolta do delito de agresión sexual, o que provocou unha xigantesca vaga de protestas por todo o Estado español.