Asociacións feministas na Galiza: movemento global pola igualdade

Asociacións feministas na Galiza: movemento global pola igualdade
As asociacións feministas na Galiza, así coma en todo o mundo, xorden ante a necesidade de denuncia pola sociedade machista e patriarcal na que vivimos.

As asociacións feministas teñen como obxectivo o impulso da igualdade en moitos ámbitos contra a violencia machista, unha situación alarmante.

O aumento desta violencia, asasinatos, violacións, agresions e toda unha longa lista de ataques a mulleres, provocaron o rexurdimento de asociacións feministas nos últimos 20 anos.

Ainda que, moitas mulleres galegas non ficaron caladas, na década dos 70 empezaron a emerxer os primeiros grupos, dando pé os novos movementos das novas xeracións.

O feminismo volve saír ás rúas da Galiza contra a violencia machista

 

Levantouse daquela, a voz para loitar por dereitos que durante anos se negaron. A liberación sexual da muller foi unha desas realidades que liderou as primeiras reivindicacións para separar a sexualidade da reproducción. Alguns grupos saíron as rúas para gritar polo dereito a o aborto.

Mulleres valentes que foron as precursoras dos movementos e asociacións que están a xurdir na Galiza.

O alarmante aumento de mulleres asasinadas, as violacións en grupo, e demáis sucesos fixeron que, naceran ou voltaran a xurdir, movementos feministas que cada 25 de Novembro e 8 de Marzo, toman as rúas para denunciar as inxustizas cometidas contra moitas mulleres que perden as súas vidas en manos dos "homes" ou "compañeiros".

25 de Novembro e 8 de Marzo: Asociacións Feministas en pé

Case sempre os movementos ou asociacións feministas saen as rúas, xa que, por desgracia, a violencia machista é constante, un día si e outro tamén, os medios de comunicación abren os xornais coa morte, violación ou agresión dalgunha muller a manos dun home.

Polo tanto a loita continúa, a loita é diaria e cada vez máis reivindicativa para que estamentos tan importantes como a xustiza, escoiten e tomen medidas xa, ante tanta barbarie machista.

Pero se hai dous días que debemos destacar como citas importantes para as mulleres no calendario, son: o 25 de Novembro, Dia Internacional contra a violencia de xénero e o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller ou Día da Muller Traballadora.

 

25N: Dia Internacional contra a Violencia de Xénero 

Nesta data ás mulleres saen as rúas para denunciar a discriminación e as distintas formas de violencia machista, e así poder reclamar políticas para previr e atallar estas problemáticas.

Esta data comemora o violento asasinato dás irmáns Mirabal, tres activistas políticas, que morreron en 1960 a mans da policía secreta dó dictador Trujillo, en Republica Dominicana.

No ano 1999, a ONU deulle carácter oficial e convertiuse no Día internacional contra a Violencia de Xénero.

A crítica literaria feminista na Galiza: O auxe do feminismo está posibilitando que xurdan olladas máis complexas e profundas

 

8M: Día Internacional da Muller

Esta data, comemora varios feitos históricos, que van dende o século XIX até o XX. O máis tráxico foi o incendio que aconteceu na fábrica de camisas Triangle, na cidade de Nova Iorque en 1911, onde morreron 123 mulleres e 23 homes. Esto marcou un antes e un despois, na loita das mulleres polas condicións laboráis. 

Co paso dos anos, moitos foron os actos que continuaron a celebrarse nas distintas partes do mundo, para reivindicar os dereitos dás mulleres até que a ONU, declarou oficialmente en 1975 o 8 de Marzo como o Día Internacional da Muller.

Na actualidade neste día, lévanse a cabo milleiros de actos por todo o mundo e organízanse marchas, manifestacións e concentracións para que as mulleres de hoxe loiten pola mellora da súa situación e recoñecemento na sociedade.

Asociacións Feministas na Galiza

As redes feministas son moi amplas: agrupazóns, colectivos, asociacións, todas coexisten na actualidade e verdadeiramente, cada vez  son mais as que emerxen no territorio.

Todas dispersas pero unidas para a loita de dereitos de tipo social, político e económico. Imos nomear algunhas pois son milleiros os colectivos nados ou formados na última década:

1. Marcha mundial das mulleres

Trátase dun movemento mundial formado por grupos de mulleres e organizacións que actúan para loitar contra as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres.

Esta asociación loita contra todo tipo de discriminación e desigualdade. Nace como movemento mundial tras a famosa marcha das mulleres no ano 2000 e podes contactar con esta asociación en diferenets cidades de localidades, como A Coruña, A Estrada, Carnota, Compostela, Ferrolterra, Ourense, Veín e Vigo.

Universidades e colexios alíanse en Lugo e Ourense polo Día da Muller na Ciencia

 

2. Plataforma feminista galega 

Organización independente que reúne mulleres de diversas crenzas políticas que queren loitar contra as diversas violencias machistas, traballando dun xeito tanto individual como integradas en grupos.

A súa finalidade é construir un espazo de traballo común que permita o debate e a loita unida, reivindicando polo tanto a igualdade social, política e laboral entre homes e mulleres.

Obxectivos:

  • Fomentar a formación e difusón de contidos feministas
  • Mecanismos de actuación nós ámbitos que impliquen a violencia machista: supresión de dereitos e libertades ou ataque a autonomía das mulleres

 

3. Galegas 8M

Asamblea aberta formada por diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza que a través de convocatoria de xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas, tecen a rede que xorde da necesidade de repensar o 8 de Marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal.

Galegas 8M fai unha manifestación unitaria todos os anos, ademáis de participar activamente o 8M. Este ano a manifestación unitaria será en Verín, o día 1 de Marzo, e terá como tema central visibilizar os coidados, reclamando a mellora inmediata das condicións.

Un paso máis cara ao pacto galego contra o machismo

¿Qué se entende por feminismo?

O feminismo é un movemento social que loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Unha toma de conciencia por parte do colectivo feminino como grupo para concienciar a sociedade ante a alarmante situación de violencia, dominación e opresión exercida polo patriarcado.

O avance da sociedade e a incorporación da muller a o mercado laboral foron en certo modo, determinantes. Dalgún xeito produciuse un cambio radical no estilo de vida, e o papel da muller, mudou profundamente.

O feminismo non é, como moitos cren, a loita por favorecer os dereitos femininos por enriba dos masculinos

Esta concepción é totalmente errónea e polo tanto perigosa.

Irmandiñas, a presenza das mulleres no movemento galeguista

 

En definitiva, unha igualdade de dereitos entre os dous sexos, una igualdade conxunta que poida facerse mutuamente.

Non se pode combatir a violencia de xénero sen axuda e tampouco sen a implicación tanto de homes coma de mulleres.