O pesadelo continúa e a esta hora aínda hai activos 7 lumes potencialmente perigosos para a vida humana e para as vivendas. Son:
-A Gudiña, Parada de Sil, Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Lobios (todos eles concellos ourensáns).
-Parroquias de Denís e Noceda (concello de Cervantes, nos Ancares).
Segunda feira ficaron por tanto desactivadas até 6 ameazas de alerta 2. Mais aínda fican activos ducias de fogos, sen que Medio Rural informase até agora do número total de hectáreas ardidas desde o sábado.