40.014: o segundo premio do Sorteo de Nadal reparte 2,5 millóns entre Vigo e Barbadás
Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.
O 40.014 foi o número agraciado co segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 1.200.000 euros á serie. Na Galiza, repartiu 2,5 millóns de euros ao vender unha serie en Vigo e outra en Barbadás (comarca de Ourense). O número foi cantado ás 13.30 horas no sexto arame da novena táboa.
Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a aboar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.
Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.
Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA e Caixabank.