O primeiro quinto premio da Lotaría de Nadal madruga: o 37.876 foi vendido en Lugo

Adam Lucas Kadmiri e Sergio Abaga cantaron o primeiro quinto premio do sorteo. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.

O número 37.876 resultou agraciado cun dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie. O número foi cantado ás 9.16 horas no segundo arame da primeira táboa.

En Lugo, a administración de Lotaría de Galerías Villamor, na praza de Santo Domingo, vendeu unha serie, é dicir, dez décimos. Por tanto, en total tocaron 60.000 euros na cidade amurallada.

O segundo dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal foi para o número 72.853. O número foi cantado ás 10.48 horas no cuarto arame da cuarta táboa. Neste caso, o premio quedou en València, Xaén e Biscaia, en concreto.

Outros dous quintos premios, o 45.225 e o 97.345 caeron ambos os dous integramente en Madrid.

Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a abonar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.

Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.

Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA e Caixabank