O 74.778, terceiro quinto premio do Sorteo de Nadal, con décimos vendidos en Nigrán

Bombo grande do Sorteo de Nadal. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

Consulta en Nós Diario as localidades agraciadas.

O número 74.778 resultou agraciado co terceiro quinto premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 500.000 euros á serie, 6.000 euros ao décimo. Vendeuse en once localidades galegas, principalmente en Nigrán (comarca de Vigo), con dez décimos expedidos. O número foi cantado ás 10.58 horas no sexto arame da cuarta táboa.

Do último dos quintos premios en saír do bombo este domingo, o 97.345, que foi cantado ás 13.20 horas, vendéronse cadansúa serie na Coruña e en Ourense.

Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2024 comezaranse a aboar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 24 de marzo de 2025.

Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.884 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro. Neste caso, o premio pode cobrarse en metálico ou a través de Bizum.

Os premios dun importe igual ou superior a 2.000 euros cobraranse nas entidades financeiras autorizadas: BBVA Caixabank.